Luis Manuel Arias, novo concelleiro do PP en Quiroga

O novo concelleiro xuraba o cargo no transcurso dunha sesión plenaria ordinaria, presidida polo alcalde do municipio, o popular Julio Álvarez. Procedente de Novas Xeracións do PP de Quiroga, Arias González encargarase a partires de agora de dirixir a concellaría de Xuventude. Ademais presidirá as Comisións de Asuntos do Pleno, como se recolle nos decretos da Alcaldía.
Arias González recibiu as felicitacións da corporación Municipal ao completo, que lle desexou boa sorte no seu cargo.