Lucía Villamor lidera a nova agrupación das Xuventudes Socialistas de Taboada

RibeiraSacraXa
Lucía Villamor converteuse na líder na nova agrupación das Xuventudes Socialistas de Taboada nun acto organizado este venres na sede municipal da agrupación.
lucia_villamor_xuventudes_socialistas_taboada
27 Jan 2024

Lucía Villamor converteuse na líder na nova agrupación das Xuventudes Socialistas de Taboada nun acto organizado este venres na sede municipal da agrupación. Deste xeito, as Xuventudes Socialistas constituíron a súa agrupación na vila. A constitución contou cunha ampla presenza de militantes e cargos do PSdeG e das Xuventudes da provincia e doutras partes de Galicia como Lugo, Monterroso, Ourense ou Vigo.

No acto interviñeron, Yago Atadell, coordinador das XSG na provincia de Lugo; Roi Rigueira, Alcalde de Taboada, Pilar Porto, secretaria de Organización do PSdeG da provincia de Lugo, Lara Méndez, candidata número 2 por Lugo e vicesecretaria xeral do PSdeG, e o secretario xeral das XSG, Xurxo Doval. Lara Méndez, candidata número 2 por Lugo e vicesecretaria xeral do PSdeG, resaltou a importancia de facer chegar a mensaxe do partido á mocidade e ás mulleres.

O secretario xeral das XSG, Xurxo Doval, destacou a necesidade nun cambio real das políticas da Xunta para dotar á mocidade do rural de “oportunidades reais” como, indica, “si fai a Deputación con José Tomé ou como fixo con Besteiro”. Ademais, quixo avanzar algunhas das medidas para o rural que as Xuventudes Socialistas levan no seu Programa Electoral mozo e que presentarán nos vindeiros días, tales como a mellora da mobilidade ou un programa de loita contra o “sexilio” das persoas LGTBI .

Lucía Villamor, a nova Secretaria Xeral da Agrupación, pechou o acto destacando o ánimo do seu equipo para aportar todo o seu esforzo na mellora da vila da man do Concello e do PSdeG de Taboada. A súa executiva estará composta por tres áreas máis: Organización e Acción Electoral, Política Municipal e Igualdade.

0.14767909049988