Luces, cámara e acción na Bodega Régoa

RibeiraSacraXa
Unha produtora estadounidense adicará un dos capítulos dunha serie documental sobre adegas de autor á Bodega Régoa, a única en Galicia
regoa4
21 Maio 2022

A produtora estadounidense E-Content Digital elixiou as dez hectáreas de viñedo e as instalacións de Bodega Régoa en Sober para protagonizar un dos cinco capítulos dunha serie documental que está a preparar e que pretenden proxectar internacionalmente.

A adega propiedade de José María Prieto vai ser a única en toda Galicia que formará parte deste proxecto audiovisual sobre bodegas de autor. Bodega Régoa foi elixida para este proxecto con proxección internacional pola súa filosofía no tratamento da terra, o coidado das viñas e a sustentabilidade que caracteriza todo o seu traballo. Xunto a ela, tamén formarán parte do traballo audiovisual outras bodegas do País Vasco, A Rioxa ou Andalucía

Cada unha das zonas vinícolas elixida dará para un episodio da serie, cinco en total, polo que Bodega Régoa será a protagonista dun dos episodios do proxecto. A gravación levarase a cabo os días 27 e 28 de maio nas instalacións que a bodega ten en Amandi e tamén na viña e noutras localizacións de Sober, na Ribeira Sacra lucense.

O equipo técnico encargado da gravación estará formado por 10 persoas, entre as que se atopa o director da produtora estadounidense E-Content Digital.

DÚAS VISITAS MÁIS

Ademais de dar a coñecer os viñedos da adega e as súas características, e de catar os seus viños, o equipo de rodaxe tamén fará unha visita á Rectoral de Gundivós para ensinar o funcionamento da olería tradicional e unha parada na queixería Airas Moniz, en Chantada, a proposta de José María Prieto.

O proxecto documental estrearase previsiblemente no último trimestre do ano e terá versión en español e en inglés no seu lanzamento.

A PROTAGONISTA

Bodega Régoa conta con dez hectáreas de viñedo nunha única peza no corazón de Amandi, en San Martiño, no Concello lucense de Sober. A súa plantación e coidado comezou no ano 1993, mentres que a adega abre as súas portas no ano 2005 en Sampil, Pinol.

A produción é de 40.000 quilos anuais de uva que destinan maioritariamente ao mercado nacional a través das súas distribuidoras.

A bodega da traballo a dúas persoas ao longo de todo o ano, número que se incrementa na época de poda e elaboración do viño. A viña está mecanizada cun sistema de raís con 12 elevadores. As vistas ao Canón do Sil son espectaculares desde a parcela, como quedará reflectido no traballo que se rodará a finais de mes.

UNHA PRODUTORA DE PRESTIXIO

eContent TV é unha produtora moi galardoada que, en combinación coa súa axencia dixital de servizo completo eContent Digital, elimina a brecha entre producións da máis alta gama e estratexias dixitais con visión de futuro. Con sede en Nova Iorque, conta con oficinas estratéxicas en Londres, Madrid, Porto Rico e Cidade de México.

0.1417920589447