Luar na Lubre actuará mañá en Sober

RibeiraSacraXa
O grupo de música folk galega, Luar na Lubre, estará este venres 17 de setembro na praza do Concello de Sober.
sober casa concello
16 sep 2021

O grupo de música folk galega, Luar na Lubre, estará este venres 17 de setembro en Sober. Así pois, a cita levarase a cabo na praza do Concello de Sober ás 22 horas e contará cun artista convidado, Dequenvessendo.

Este é un grupo de música galega nado no 2016 dentro da Asociación Cultural Triskell de Armentón (Arteixo), coa idea de formar un proxecto basado nos cuartetos de música tradicional.

Para poder acudir á actuación é imprescindible reservar entrada na Oficina Municipal de Turismo ou a través do correo turismo@concellodesober.com

cartel concerto sober
0.14032697677612