Luar na Lubre actuará mañá en Chantada
RibeiraSacraXa
O grupo de música folk galega, Luar na Lubre, estará este sábado 25 de setembro na praza de Cantón de Chantada.
24 sep 2021
O grupo de música folk galega, Luar na Lubre, estará este sábado 25 de setembro en Chantada. Así pois, a cita levarase a cabo na praza do Cantón de Chantada ás 20 horas.
Este é un grupo de música galega nado no 2016 dentro da Asociación Cultural Triskell de Armentón (Arteixo), coa idea de formar un proxecto basado nos cuartetos de música tradicional.
Unha xornada de música e ambiente festivo no que se levarán a cabo as medidas sanitarias correspondentes.