Los Chikos del Maíz cancelan o concerto deste venres no Castañazo Rock

RibeiraSacraXa
O grupo anuncia esta decisión pola situación catastrófica que se está a vivir na Comunidade Valenciana, e será sustituido por Rebeliom do Inframundo
Imaxe do Castañazo Rock
Imaxe do Castañazo Rock
1 Nov 2024

O grupo valenciano, Los Chikos del Maíz, cancelan a actuación prevista para esta noite no Castañazo Rock debido á situación catastrófica que se está a vivir na Comunidade Valenciana, según informou a propia organización nun comunicado. O grupo será sustuido por Rebeliom do Inframundo, que actuarán ás 21.30 horas.

O Castañazo Rock arrinca así este venres a súa décimo novena edición coas actuacións de Boikot, Zetak, Mondra, Quinkillada e Cool Nenas.

Os concertos desenvolveranse, como é habitual, nas instalacións do Mercado Gandeiro e a apertura de portas farase os días 1 e 2, ás 19.00 horas para as 20.00 horas dar comezo aos concertos.

Horarios para o venres, 1 de novembro

  • 20.00 horas. Mondra
  • 21.30 horas. Rebeliom do Inframundo
  • 23.10 horas. Zetak
  • 1.10 horas. Boikot
  • 3.00 horas Quinkillada
  • 4.15 horas. Cool Nenas

Actividades complentarias

Como actividades complementarias, como é habitual, contarase co magosto, que se celebrará o 2 de novembro as 19.00 horas no Recinto do Festival. O Ourizo Miúdo terá lugar nesa xornada, ás 11.30 horas no Auditorio Municipal de Chantada, onde as crianzas de todas as idades poderán pasar unha mañá chea de música, teatro, castañas e diversión con Brais das Hortas.

Nesta edición recupéranse os Xogos Bravús, que se desenvolverán na Praza do Cantón o día 1 de novembro nas categorías de Individual (comezo ás 16.00 horas) e Equipos (comezo ás 17.00 horas). Establécense as seguintes probas: Rebola Bolo, Lanzamento de Ourizo, Carreira de Leiteiras, Debulla Millo e Movemento de Marco.

Finalmente, e como novidade nesta 19 edición, organízase a I Feira de Artesanía, que se celebrará na Praza do Cantón os días 2 e 3 de novembro. Os 11 postos participantes abrirán o 2 de novembro de 11.00 a 19.00 horas e o 3 de novembro de 11.00 a 14.00 horas. Nenas e nenos contarán no mesmo escenario con actividades infantís a cargo de Velaísca, o domingo en horario de mañá.

Cantos de Taberna

Por outra banda, o 2 de novembro celebraranse os Cantos de Taberna, que comezarán ás 15.00 horas, partindo da Praza de Santa Ana, coa participación de 12 grupos que percorrerán 11 bares da vila. Colabora cos Cantos de Taberna, o Entroido Ribeirao, que levará os seus personaxes no percorrido polos bares para poñer en valor esta emblemática tradición do Entroido. Ao redor das 18.00 horas prevese o remate dos Cantos de Taberna, aos que seguirá o pasarrúas de Mekanika Rolling Band.

0.19850492477417