Lola, unha veciña de Sober, vén de cumprir os 110 anos
RibeiraSacraXa
O Concello de Sober conta a día de hoxe con 10 persoas centenarias, 7 mulleres e 3 homes
24 May 2024
María Dolores González Díaz, coñecida como Lola da Pena de Gundivós, celebrou o seu 110 aniversario acompañada pola súa filla, netos e bisnetos.
Desde o Goberno local de Sober din que "Lola está de marabilla e moi ben coidada, polo que lle desexamos un feliz día na compaña dos seus seres queridos".
Con esta, o Concello de Sober conta a día de hoxe con 10 persoas centenarias, 7 mulleres e 3 homes.