Lola de A Pena de Gundivós, a avoa de Sober, cumpre 108 anos

RibeiraSacraXa
A avoa do Concello de Sober, Dolores González, máis coñecida como 'Lola' de A Pena de Gundivós, cumpre hoxe 108 anos.
avoa sober 108 anos portada
23 Maio 2022

O luns 23 de maio de 2022 vai ser unha data especial no Concello de Sober posto que se trata do día no que cumpre anos unha das veciñas do municipio. Pero non é un cumpreanos calquera.

Porque Dolores González, máis coñecida entre os veciños dos diferentes municipios de Sober como Lola de A Pena de Gundivós, celebra coa súa filla, netos e bisnetos que tal día como hoxe pero fai xa cento oito anos vía a luz por primeira vez na súa longa vida.

Precisamente, esos 108 anos de vida convirten a Lola de A Pena de Gundivós no avoa de Sober, a persoa máis lonxeva dun municipio onde a día de hoxe hai en total once persoas centenarias, tres hombes e oito mulleres que superan os cen anos de idade.

0.066354036331177