Lola Castro, alcaldable do PP de Folgoso do Courel, defende que son "un equipo representativo do concello"

RibeiraSacraXa
Lola Castro, alcaldable do PP de Folgoso do Courel, defende que son "un equipo representativo do concello" de Folgoso
PP O Courel
PP O Courel
9 Maio 2023

O PP presenta en Folgoso do Courel unha candidatura ás eleccións locais na que "prima a experiencia na xestión, curtida ademais nas especiais dificultades creadas polos incendios forestais de meses atrás", argumentan os populares.

Como candidata a repetir na Alcaldía, Lola Castro, sinala: “Tocounos vivir tempos con retos que foron moi difíciles de afrontar, pero isto no fixo que cesara o noso empeño por seguir sacando adiante os proxectos que tanta falta fan no noso Concello”.

Da lista que encabeza, Castro di: “Hoxe tedes antes vós un equipo unido, solvente e con experiencia; un equipo que mantén a mesma ilusión que a primeira vez ou incluso máis e con gañas renovadas para seguir acadando o mellor para todos e cada un dos nosos veciños e veciñas do Courel”.

A candidatura popular constitúe “un equipo próximo e representativo do noso Concello, profundamente coñecedor das dúas necesidades e completamente implicado para resolver os problemas dos veciños e veciñas”, sostén.

Os membros da lista popular agradecen “a confianza depositada en nós todo este tempo” e están “seguros de que xuntos seguiremos avanzando”.

A lista está conformada por sete persoas: Dolores Castro Ochoa, José Antonio López Rodríguez, María del Carmen Vergara Ramos, Filomena Vila Fernández, Pedro Lemos López, José Luis López Rodríguez e José Antonio Vilariño Rivera.

0.15073490142822