Límpanse os contedores de Quiroga polo grupo de emerxencias GES

RibeiraSacraXa
Cada semana límpanse uns 20 contedores, xa que a vila quiroguesa conta cunha vintena de puntos de recollida de lixo
limpeza-contedores-Quiroga
5 Ago 2024

Os membros do grupo de emerxencias GES realizan semanalmente labores de limpeza dos contedores da vila de Quiroga que teñen máis uso, os situados nas inmediacións de restaurantes e supermercados.

A maiores, tamén se realiza a limpeza dos demais colectores rotando as zonas, polo que cada semana se limpan uns 20 contedores, xa que a vila quiroguesa conta cunha vintena de puntos de recollida de lixo.

En cada punto hai colectores para a recollida xenérica do lixo que se xera nos fogares, pero tamén en moitos destes puntos hai contedores para os envases lixeiros, para o cartón, o vidro, o aceite ou a roupa. Polo que, soamente dentro do casco urbano de Quiroga, hai máis de 80 contedores.

Debido ao gran número de recipientes de recollida de lixo, esta limpeza, que se realiza os venres, vai alternando e centrándose nos que máis o precisan.

0.12818884849548