Licitouse a xestión do complexo de Ponte Mourulle de Taboada
O Concello de Taboada vén de sacar a licitación a explotación do complexo turístico de Ponte Mourulle, o cal conta cun club náutico e un albergue, e que se atopa pechado desde o 2019.
Pola súa banda o PSOE e BNG de Taboada celebran a iniciativa, pero á vez critícana pola forma na que se desenvolveu o proceso. "Que saia precisamente agora a concurso é unha medida electoralista que pretende disimular a desastrosa xestión deste ben patrimonial nos últimos tempos", dixeron os socialistas nas súas redes sociais, "Todo este tempo con Ponte Mourulle pechado supuxo unha perda de oportunidades a todos os niveis", engadiron.
O BNG considera que se trata "dunha xestión feita tarde e arrastro que se realiza logo de anos de deixamento, abandono e deterioración dunhas instalacións valoradas en máis de medio millón de euros".