Licitadas as obras en plataformas do tramo Ourense-Monforte
Adif aprobou a licitación das obras de tratamento de plataformas e cruces entre plataformas en catro estacións do tramo Ourense-Monforte de Lemos, da liña convencional Monforte de Lemos-Vigo, por un importe de 5.428.812,63 euros (IVE incluído).
Os traballos forman parte dos proxectos de modernización do tramo Ourense-Monforte de Lemos e permitirán mellorar a fiabilidade de circulacións e usuarios.
O proxecto define as actuacións necesarias en plataformas, pasos inferiores e outras estruturas das estacións e apeadeiros de Barra do Miño, dos Peares, San Estevo do Sil e Canabal.
O obxectivo é adecuar as estacións aos requirimentos técnicos e de interoperabilidade da normativa en vigor, en especial no relativo os cruces de vías entre plataformas, mellorando as condicións de explotación da liña e potenciando a competitividade da rede ferroviaria galega. O ámbito de actuación limítase por tanto ás plataformas, cruces entre plataformas e aos accesos aos mesmos cando se realizan directamente desde a vía pública.
Este contrato forma parte das actuacións previstas por Adif para mellorar a protección dos pasos autorizados para o cruzamento de vías ao mesmo nivel en estacións de viaxeiros e outras contornas.
Estas accións contribúen á consecución de diferentes Obxectivos de Desenvolvemento Sostible: ODS 3 (Saúde e Benestar), ODS 9 (Industria, Innovación e Infraestrutura) e ODS 11 (Cidades e Comunidades Sostibles), que teñen entre as súas metas o desenvolvemento de infraestruturas fiables, sostibles, resilientes e de calidade.