Licitadas as obras de mellora enerxética do IES Río Cabe de Monforte de Lemos
Licitadas as obras de mellora da eficiencia enerxética no Instituto de Educación Secundaria (IES) Río Cabe de Monforte de Lemos por un total de 441.237 euros.
O delegado territorial da Xunta en Lugo, Javier Arias, visitou o centro para abordar con membros da directiva os detalles do proxecto, que se centra na substitución de toda a carpintería exterior -salvo algunhas ventás do segundo andar que xa foran renovadas recentemente – por outra con maiores prestacións de estanquidade que incorporarán perfís de aluminio con rotura de ponte térmico e vidro illante. Ademais, renovaranse as persianas.
No tocante á fachada, actuarase na parte superior das carpinterías que se mudan, coa instalación de illamento termo-acústico. Así mesmo, procederase a pintar os paramentos verticais que se vexan afectados polas obras.
As empresas interesadas en presentar ofertas poden facelo ata o próximo 29 de xullo. Unha vez que se formalice o contrato, o prazo estimado de execución dos traballos será de tres meses.
Arias salientou que promover unhas infraestruturas máis sostibles desde o punto de vista medioambiental é un dos criterios marcados no Plan de Nova Arquitectura Pedagóxica de Galicia, que aposta por uns colexios e institutos mellor acondicionados e máis confortables para o alumnado e o profesorado.
Tamén subliñou o compromiso da Xunta cos centros educativos de Monforte de Lemos e destacou as actuacións máis recentes, como a reforma e ampliación do IES A Pinguela, na que se investiron 230.000 euros -; ou a rehabilitación integral do Centro de Educación Especial (CEE) Infanta Elena, cun orzamento aproximado de 900.000 euros. Ambas obras finalizaron o ano pasado.
Así, este xoves 14 Xullo ás 22:00h terá lugar na praza Campo de San Antonio, unha sesión de Cine Verán ó aire libre coa proxección de VALENTINA, que foi galardoada coma Mellor Película de Animación nos premios Goya 2022. A entrada é aberta e gratuíta para toda a poboación. Ademais da proxección da película, celebrarase un Coloquio Aberto coa súa directora, a cineasta Chelo Loureiro.
Continuando cos actos do Camiño Creativo nesta Etapa-5 que se desenvolve ao longo do Camiño de Inverno, tamén gracias a colaboración co Concello de Monforte de Lemos, o venres 15 Xullo, terá lugar un Obradoiro de Branding para o desenvolvemento da marca persoal e de negocio para emprendedores, coa presencia de Jorge de Amescua, director de Trivu. Este encontro terá lugar ás 16:00h, no Museo do Viño. Este obradoiro tamén é aberto e de interese para calquera negocio ou emprendedor que estea interesado.
E finalmente, tamén o venres 15 de Xullo, de 19:00h a 21:00h, o Museo do Viño de Monforte acollerá un encontro de profesionais do cine e audiovisual da Ribeira Sacra, no que xa se deron cita documentalistas como David Pinancho ou a produtora Némesis. O encontro é aberto aos profesionais deste sector que terán unha sesión de networking tb cos emprendedores do Camiño Creativo.