Lembran que este venres finaliza o prazo para recoller os vales de axuda escolar na Pobra do Brollón

O Concello da Pobra do Brollón informou de que o vindeiro venres 29 de agosto conclúe o prazo para recoller os vales de apoio económico destinados á compra de libros de texto e material escolar.
Estas axudas van dirixidas ao alumnado matriculado no CEIP A Pobra do Brollón para o curso académico 2025/26.
Os vales poden solicitarse nas oficinas municipais en horario de 9:00 a 12:00 horas e serán canxeables na Libraría Núñez, situada na propia localidade.