Katy Varela pide que Monforte conte cunha zona pública de baño segura en de Ribasaltas
O PP de Monforte insiste na necesidade de que Monforte conte cunha zona pública de baño con todas as garantías sanitarias e de seguridade.
A voceira popular, Katy Varela, explica que "xa pedimos en setembro de 2023 que oConcello realizase os traballos necesarios para que a cidade contase cunha zona destas características, pero a realidade é que o Goberno de José Tomé non fixo os deberes, e un verán máis seguiremos sen unha zona habilitada para este fin, con todas as garantías sanitarias e de seguridade.
Por este motivo, dende o Grupo Municipal Popular defenderase no pleno unha iniciativa para instar ao Goberno local a levar a cabo as actuacións necesarias para que a zona de baño de Ribasaltas estea de novo no rexistro de augas de baño de Galicia e así se leven a cabo os controis necesarios polas administracións competentes para que os veciños de Monforte gocen dunha zona de baño segura.
Ata o ano 2012, esta zona de baño constaba como dada de alta no rexistro de augas de baño de Galicia, o que implicaba un control exhaustivo de salubridade, pero, desde 2012 xa non consta no rexistro, a pesar de que este mesmo equipo de Goberno apoiou unha iniciativa do noso grupo municipal no mandato 2015-2019, na que se solicitaba que se puxeran en marcha todos os mecanismos posibles para que se dese de alta esa zona de baño no rexistro.
“Ribasaltas foi historicamente unha zona de baño na que todos os monfortinos aproveitaban no verán para pasar o tempo de ocio e refrescarse, do mesmo xeito que hoxe en día se segue facendo, polo que “consideramos lóxico que se volva a incluír no rexistro galego para que conte con todas as garantías necesarias”.