Juan Vázquez Pérez foi o gañador do II Concurso de Cantareiros Áurea Palacio de Sober
RibeiraSacraXa
Juan Vázquez Pérez foi o gañador do II Concurso de Cantareiros Áurea Palacio de Sober que tivo lugar o pasado sábado
9 Xuño 2023
O II Concurso de Canteiros Áurea Palacio de Sober, que tivo lugar o sábado pasado, foi todo un éxito, segundo os organizadores. Esta edición estivo dedicada á arte románica, estilo no que os concursantes demostraron un extraordinario nivel.
O xurado estivo formado por un representante da empresa organizadora, o alcalde de Sober, Luis Fernández Guitián, a directora da Escola de Cantería e dous escultores de prestixio. O gañador foi o canteiro vigués Juan Vázquez Pérez.
En segundo lugar quedou o tamén vigués Rodrigo García Giráldez, mentres que o terceiro posto foi para Jaime Pelayo Modroño, de Valladolid. Así, o primeiro premio foi de 2.000 euros, un segundo de 1.000 euros e un terceiro de 500 euros.