Juan Carlos Alonso presentará na Pobra de Trives a súa novela ‘El último maqui’

RibeiraSacraXa
Será este luns no Auditorio Julio Vázquez e contará coa presenza da alcaldesa, Patricia Domínguez, e do propio autor
presentacion-el-ultimo-maqui-juan-carlos-alonso-a-pobra-de-trives
20 Jul 2025

A Pobra de Trives acollerá o vindeiro luns, 28 de xullo, a presentación do libro ‘El último maqui’. O evento terá lugar no Auditorio Julio Vázquez ás 19.00 horas e contará coa presenza da alcaldesa de Trives, Patricia Domínguez, e do autor da obra, Juan Carlos Alonso.

A presentación está aberta a toda a cidadanía e forma parte da programación cultural local para este verán.

El último maqui é unha novela histórica escrita por Juan Carlos Alonso que narra a vida de Mario Rodríguez Losada, coñecido como Mario de Langullo, un dos últimos guerrilleiros antifranquistas en Galicia tras a Guerra Civil española. A obra, froito de máis de 25 anos de investigación e testemuños inéditos, relata a resistencia dos maquis nos montes galegos, centrándose na figura de Mario, que iniciou a súa loita tras o fusilamento do seu pai en 1936.

Ao longo de máis de tres décadas, Mario de Langullo converteuse nunha figura lexendaria, participando en numerosos enfrontamentos e actos de resistencia contra o réxime franquista. A novela ofrece unha mirada profunda á súa vida, mostrando non só as súas accións como guerrilleiro, senón tamén a súa experiencia persoal e o contexto social e político da época.

⚙ Configurar cookies
0.25667285919189