José Tomé presidiu os actos na honra de San Antonio

Onte, no día de San Antonio, en Monforte celebráronse actos que encabezou o alcalde José Tomé.
A comitiva institucional, presidida polo Alcalde, José Tomé Roca, así como diversos membros do Equipo de Goberno, partiu da Casa do Concello para asistir, ás 12.30 horas, á misa na honra de San Antonio.Tras a celebración eucarística, tal e como marca a tradición, tivo lugar unha procesión coa imaxe polas rúas próximas á igrexa.
“O San Antonio mantén a esencia dunha festa relixiosa popular que ten moita devoción e moitos participantes”, manifestou o rexedor monfortino. Deste xeito, tamén aproveitou para engadir: "Para a cidade de Monforte creo que é moi importante que se vaian recuperando as actividades que desenvolvíamos con normalidade antes da pandemia".