José Tomé defende que se está traballando para instalar empresas en Monforte

RibeiraSacraXa
José Tomé defende que se está traballando para instalar empresas en Monforte grazas ás axudas do goberno central
José Tomé melloras
9 Mar 2023

O alcalde do Concello de Monforte, José Tome informou ao empresariado da Ribeira Sacra dos avances e do impacto que está tendo na provincia a liña de axudas do Kit Dixital e o programa Acelera PEMES.

Uns proxectos que tal e como remarcou Tomé "forman parte do amplo paquete de medidas económicas coas que o Goberno Central está a dar resposta aos retos xerados polo impacto da pandemia e da guerra de Ucrania".

Estas medidas, tal e como afirmou o rexedor na súa intervención para os medios de comunicación, "actúan no ámbito da economía axudando ás empresas a facer fronte a unha situación adversa e aproveitando os fondos europeos para acometer procesos de modernización que as fagan mais competitivas".

José Tomé confía en que esta iniciativa de axuda ás pequenas empresas e autónomos na dixitalización dos seus negocios, vai a constituír un reforzo engadido ao traballo que están a facer para mellorar a oferta de emprego na cidade.

Así, defenden que están traballando na captación de empresas para instalarse en Monforte que xa deu os seus primeiros froitos coa implantación da farmacéutica Kern Pharma e a posta en marcha do centro de ciberseguridade de Renfe, ata o desenvolvemento do polígono industrial de Reboredo que neste momento xa non ten espazo dispoñible para ofertar.

O alcalde subliñou a capacidade de interlocución do Goberno central coas administracións locais que son as que garantizan que as axudas cheguen por igual e tal e como afirmou “o futuro escríbese ampliando horizontes, abrindo posibilidades e derribando barreiras, e eso é o que o programa Acelera Pyme e o Kit Dixital ofrecen ás empresas e o que os gobernos ofrecen sempre á cidadanía”.

Actuación desde a Deputación de Lugo

Tal e como explicou o alcalde, dende a Deputación “levan desde final de ano despregando esta iniciativa de asesoramento e soporte gratuíto ás PEMES en materia de transformación dixital, cuns bos resultados ata o momento, pois xa contactaron cunhas 250 empresas”.

A institución provincial xa ten despregadas oficinas para prestar asesoramento e acompañamento gratuíto aos negocios en varios Concellos e o rexedor declarou que como alcalde "lle parece moi importante contar cunha das oficinas Acelera Pyme na cidade xa que considera a cercania e a atención presencial unha garantía para a eficacia desta ambiciosa acción de transformación do tecido empresarial".

Subvencións do Goberno

Estas subvencións do Goberno teñen como finalidade avanzar na dixitalización de áreas crave como presencia na internet, deseño da web, venda electrónica, xestión de clientes e provedores, oficina dixital, redes sociais, xestión e automatización de procesos e ciberseguridade.

As axudas poden solicitarse ata decembro do ano 2024 e están abertas tres convocatorias: a liña dirixida a empresas de entre 10 e 49 empregados, que poden solicitar o bono de 12.000 euros ata o 15 de marzo de 2023; para as empresas de 3 a 9 empregados o prazo está aberto ata o 2 de setembro con axudas de 6.000 euros; e os negocios de menos de tres empregados e autónomos poden solicitar 2.000 euros ata o 20 de outubro de 2023.

0.13153791427612