José Tomé asiste ao acto de investidura de MªEmilia Casas Baamonde

RibeiraSacraXa
José Tomé asiste al acto de investidura de MªEmilia Casas Baamonde como Doctora Honoris Causa por la Universidad de Santiago de Compostela.
acto investidura emilia casas baamonde honoris causa usc
5 Dec 2021

O Presidente da Deputación de Lugo, José Tomé Roca, asistiu este venres en Santiago de Compostela ao acto de investidura de María Emilia Casas Baamonde como Doutora Honoris Causa pola Universidade de Santiago de Compostela. O reitor da USC, Antonio López, foi o encargado de presidir este acto solemne ao que acudiron representantes do mundo académico e institucional.

María Emilia Casas, nacida en Monforte de Lemos, é catedrática de Dereito do Traballo e da Seguridade Social pola Universidade Complutense de Madrid e foi a primeira muller á fronte do Tribunal Constitucional entre os anos 2004 e 2011. Así mesmo, esta maxistrada formou parte da Comisión Xestora e foi vicerreitora de Relacións Institucionais da Universidade Carlos III de Madrid, do Consello do Instituto Internacional de Ciencias Políticas e do de Dereitos Humanos Bartolomeu das Casas.

0.19541096687317