Jeff Espinoza e Emilio Arsuaga encheron de veciños o Círculo Saviñao coa súa música
Jeff Espinoza e Emilio Arsuaga actuaron no Círculo Saviñao esta fin de semana, enchendo o local da Asociación de persoas que quixeron desfrutar da música de raíz americana dos seus discos individuais e de colaboracións inéditas dos últimos tempos.
O californiano, Jeff Espinosa, "trouxo o seu talento na música de raíz popular norteamericana ao Círculo Saviñao", explican desde a entidade, onde actúa todos os anos desde que viñera por primeira vez con Red House en 2012. Jeff trouxo temas de ‘Red House’, ‘Red House Hits 1997-2012’, ‘Red House & Friends’ ,‘Gypsy Runner’ e do último 'Classic&Vintage Blues' así como outras do seu repertorio.
Pola súa banda, Emilio Arsuaga, un armonicista, compositor e cantante madrileño; foi a primeira vez que veu ao Saviñao. Este músico ofreceu ao público temas dos seus discos 'Emilio Arsuaga & The Mad Reeds" e 'Lazy Lester Forever", baseados no blues.
En definitiva, desde o Círculo Saviñao defenden que o concerto "é o resultado dunha longa experiencia de Espinoza e Arsuaga, o que lles permite facer un dos grandes country e blues de Europa".
Ademais, os músicos tamén amosaron a súa ledicia por ter participado deste evento xa que, como definiu Arsuaga, "foi un concerto extraordinario, unha tarde máxica". Mentres, desde o Círculo Saviñao sosteñen que "aos escaironeses lles gustou moito, polo que seguro que seguirán formando parte da planificación das actividades da nosa sociedade cultural e recreativa de Escairón unha vez por ano durante as súas xiras galegas".