Javier Pontón recibiu unha placa co escudo do Concello de Bóveda como recoñecemento dos seus méritos deportivos

RibeiraSacraXa
O nadador Javier Pontón foi recibido polo equipo de Goberno do Concello de Bóveda, presidido polo alcalde, José Manuel Arias, debido ao seu éxito ao gañar a medalla de prata no Campionato de España de Natación, sendo o segundo de España do seu ano e bateu o récord galego de 18 anos.
Javier Pontón Bóveda
7 Ago 2023

O nadador Javier Pontón foi recibido polo equipo de Goberno do Concello de Bóveda, presidido polo alcalde, José Manuel Arias, debido ao seu éxito ao gañar a medalla de prata no Campionato de España de Natación, sendo o segundo de España do seu ano e bateu o récord galego de 18 anos. Previamente, conseguira seis medallas no campionato galego.

O mozo acudiu ao Concello acompañado do seu irmán, Juan, tamén nadador de éxito, e da súa nai, Natividad Rodríguez, concelleira de Medio Ambiente e Medio Rural na Corporación local.

Foi un acto moi emotivo no que lle fixeron entrega dunha placa co escudo do Concello de Bóveda en recoñecemento ao seu esforzo e méritos deportivos como cidadán de Bóveda, do que todos se senten orgullosos.

0.13719201087952