Javier Castiñeira insta á Deputación a abrir a área recretiva de Augas Mestas de Quiroga
O portavoz popular na Deputación, Javier Castiñeira, insta á Deputación a que “canto antes se poñan a traballar para abrir a área recreativa de Augas Mestas de Quiroga, para facela viable, para que os veciños da comarca e os turistas poidan disfrutar dela o antes posible”.
"Ás veces as cousas son como parecen. Igual non é así, pero parecer ben parece que no caso da área recreativa de Augas Mestas, en Quiroga, dependente da Deputación, presidida polo socialista José Tomé, hai unha man negra que impide que se abra e se poña en servizo", di castiñeira.
Sinala “non podemos admitir unha mentira máis sobre Augas Mestas. O grupo provincial do PP está tendo moita paciencia, pero os que de verdade teñen moita paciencia son os veciños de Quiroga, absolutamente enganados pola delegada de Turismo, Pilar García Porto, que no ano 2020, despois de moitos retrasos e de falsas xestións, cando o PP presentou unha moción para reactivar Augas Mestas, asegurou que nun futuro próximo se sacaría adiante esa área recreativa. Era entón xuño do ano 2020; nós diciámoslle que esperabamos que non se perdera o ano 2021, que era Xacobeo, e non só se perdeu o 2021, senón que se perdeu tamén o 2022”.
O portavoz popular visitou esta mañá Augas Mestas, xunto co alcalde de Quiroga, Julio Álvarez. Castiñeira di: “Vemos que todo isto sigue exactamente igual que hai quince anos, cando os socialistas colleron o goberno da Deputación de Lugo. Parece que se empeñaron en manter pechada esta área recreativa, que é punteira, porque o señor Cacharro Pardo deseñou esta área para favorecer o turismo na zona interior da provincia, o turismo fluvial, na Ribeira Sacra, e potenciar toda esta comarca”.
Para os populares, “é unha verdadeira pena que isto estea pechado, porque son moitos millóns aquí tirados, simplemente pola mala vontade do goberno socialista”. No PP cren “que existe mala fe; quizá hai alguén, neste goberno socialista, que prefire, que quere máis ver pechada esta área que aberta”. No PP, igual que todos os veciños de Quiroga e da Ribeira Sacra, queren ver aberta Augas Mestas canto antes.