Javier Arias visitou distintas entidades da Ribeira Sacra para mostrar o apoio da Xunta
O delegado territorial da Xunta en Lugo, Javier Arias, reuniuse coa directiva da Agrupación de Interese Económico Ribeira Sacra, creada no ano 2023 co fin de promover intereses comúns para o sur da provincia e que agrupa ata o momento a máis de 60 iniciativas económicas e sociais de carácter municipal.
Arias felicitou a esta entidade polo paso dado e animounos a mostrarse unidos e fortes, xa que baixo un mesmo paraugas poderán afrontar intereses, problemáticas e retos futuros comúns.
Ademais, Arias, tamén se achegou ás instalacións de Oviganic Ibérica en Monforte de Lemos, onde defendeu a importancia de que a transformación aposte como o está a facer esta empresa por xerar valor engadido ás producións das explotacións gandeiras da zona, en especial as do sector lácteo.
Arias coñeceu o resultado da ampliación desta entidade para implantar novas liñas de fabricación con leite de cabra e ovella, ademais do de vaca. Nese sentido, reiterou a necesidade de seguir apostando polos procesos de transformación, que permiten darlle valor engadido ás producións en xeral e ao leite en particular.