Jaime López foi recibido no Concello de Monforte por quedar finalista no Concurso nacional de Debuxo de Aqualia
O alcalde de Monforte, José Tomé Roca, recibiu a Jaime López García, alumno de 4º de Primaria do Colexio de A Gándara, que resultou ser finalista do Concurso nacional de Debuxo de Aqualia, no que participaron 2.500 nenos e nenas de 3º e 4º de ESO de toda España, e no que Jaime quedou entre os 30 finalistas.
Por este motivo, o rexedor recibiu na Casa do Concello a este alumno monfortino, que veu acompañado na súa nai. Tamén estiveron presentes a 1ª tenente de alcalde, Gloria Prada, o concelleiro de Servizos, José Luis Losada, e por parte de Aqualia, a xefa de servizo en Monforte, Paula Díaz, e o responsable provincial, Carlos Álvarez.
Tomé fixo entrega a Jaime López dunha medalla, dunha tarxeta agasallo de 30 euros en material deportivo, e a reprodución do seu debuxo premiado en cartón pluma. Os responsables do concurso valoraron a súa creatividade e o seu coñecemento sobra a auga e sobre como coidar a biodiversidade.