Jacobo Senín foi o condutor máis rápido na XI Subida a Taboada

RibeiraSacraXa
O vicepresidente da Deputación, Efrén Castro, participou na entrega de premios da XI Subida a Taboada, que se disputou este sábado e domingo co apoio da Vicepresidencia da Deputación de Lugo.
Subida a Taboada 2024
29 Abr 2024

O vicepresidente da Deputación, Efrén Castro, participou na entrega de premios da XI Subida a Taboada, que se disputou este sábado e domingo co apoio da Vicepresidencia da Deputación de Lugo.

Jacobo Senín, Alexis Viéitez e Jesús Pombo foron os máis rápidos na proba, que inaugurou o Campionato Galego de Montaña e que reuniu numeroso público ao longo do percorrido, un treito de algo máis de tres  quilómetros entre o cruce de Seixas e Taboada.

O actual Campión Galego de Montaña, o estradense Jacobo Senín, impuxo a súa Nova Proto NP01 fronte ao Celtic-Dicode de Alexis Vieitez e ao Tatuus FR de Jesús  Pombo, que ocuparon a segunda e terceira posición respectivamente na categoría de non carrozados, na que Senín se impuxo en tres das catro mangas oficiais  celebradas.

Dentro tamén dos non carrozados, Pisko Ventín non deu opción aos seus rivais da categoría carcross, impoñéndose a bordo do seu Yacarcross nas mangas e conseguindo unha sexta praza da xeral, por diante de Abraham Vázquez, que esta tempada pasou dos fórmulas á categoría carcross con outro Yacarcross e a Adrián Pereira, que foi terceiro cun La Base SX01.

Máis clasificados

Na loita entre os carrozados, Javier Carballo, co Porsche GT3 RS Cup, e Jorge Pérez, cun Hyundai i20 RS, repartiron as vitorias parciais das mangas con dúas vitorias cada un, aínda que finalmente o triunfo acabou en mans de Carballo. A terceira posición foi para Manuel Senra co Ford Fiesta WRC.

A vitoria nas copas monomarca foi para ManuelRigueira no Desafío Kumho, mentres que César Figueiras, Noe González e Alejandro Crespo foron os encargados de ocupar as posicións de podio na Copa Antoxo Racing.

Ademáis, entre os participantes de regularidade, a vitoria foi para Breogán Abalde, acompaña do de Ángel Monteagudo, por diante das duplas formadas por Darío Amorín con Luis M. Buján e lván López con José A. López.

O récord do fin de semana foi para Jacobo Senín, que parou o cronómetro nun minuto trinta e tres segundos e oitocentas sesenta e seis milésimas, marcando unha velocidade media de cento vinteséis con cincuenta e seis quilómetros por hora.

0.078446865081787