Isabel Rodríguez reuniuse co alcalde de Taboada, Roi Rigueira, para analizar as posibilidades de colaboración

RibeiraSacraXa
Isabel Rodríguez reuniuse co alcalde de Taboada, Roi Rigueira, para analizar as posibilidades de colaboración
subdelegada en Taboada
11 Xul 2023

A subdelegada do Goberno en Lugo, Isabel Rodríguez, reuniuse co alcalde de Taboada, Roi Regueira, co que repasou as principais necesidades deste municipio da zona sur da provincia.

Na primeira visita institucional que efectúa á Subdelegación do Goberno ao novo rexedor de Taboada, Isabel Rodríguez e Roi Regueira aproveitaron para analizar as posibilidades de colaboración entre as dúas administracións e abordaron os temas referidos a seguridade.

Ámbolos dous responsables públicos coincidiron na necesidade de manter unha boa relación e coordinación entre ambas as institucións que redunde en beneficio dos veciños e veciñas de Taboada. Nesta liña, Isabel Rodríguez trasladou a plena disposición da Subdelegación co Concello de Taboada naqueles asuntos que son competencia do Executivo Central.

Así, estudaron a situación dos accesos da N-540 e a súa travesía polo municipio, e acordaron planificar a próxima convocatoria da Xunta Local de Seguridade Cidadá. Ademais, a subdelegada aproveitou o encontro desta mañá para informar ao alcalde sobre os programas do Goberno dispoñibles en materia de vivenda, transición ecolóxica, acceso a banda ancha e administración pública.

0.20181894302368