Isabel Rodríguez recibiu ao novo inspector xefe da Comisaría de Policía Nacional de Monforte
A subdelegada do Goberno en Lugo, Isabel Rodríguez, acompañada do comisario principal xefe provincial, José María Esteban, recibiu ao novo inspector xefe da Comisaría de Policía Nacional de Monforte de Lemos, Bernardo Tomás García.
Isabel Rodríguez deulle a benvida na Subdelegación e ofreceulle a súa colaboración, destacando a responsabilidade e o compromiso que require o cargo que vai desempeñar, así como a importancia do traballo conxunto, “clave para un servizo eficaz que manteña os bos resultados dos últimos anos”.
A subdelegada repasou os asuntos máis relevantes relacionados coa seguridade en Monforte de Lemos e desexoulle “todos os éxitos” no seu novo desempeño profesional. Tamén, fixo mención e agradeceu á anterior inspectora xefe, Mónica Gutiérrez, “que realizou un importante esforzo polo pobo monfortino que vai ser continuado agora por Bernardo Tomás García”.
Neste sentido, a subdelegada afirmou que “hai que agradecer o bo traballo que fan todos os funcionarios das tres comisarías da provincia, así como a súa entrega e dedicación”, e aproveitou para facer un recoñecemento a ese labor