Isabel Risco leva á Pobra do Brollón a súa función ‘As Aventuras de Nabiza Girl’

O próximo domingo 21 de decembro, A Pobra do Brollón dará inicio á súa programación de Nadal coa representación de ‘As Aventuras de Nabiza Girl’. Isabel Risco volve meterse no seu personaxe máis popular para enfrontarse a un dos seus maiores retos: loitar contra a desaparición progresiva da cultura galega.
Con os seus superpoderes e unha boa dose de humor, Nabiza Girl intentará vencer de novo ás forzas do mal nesta aventura trepidante e divertida. Ademais, contará coa colaboración de Don Galizo, interpretado por Alberte Bello, quen porá atrancos cómicos ao longo da historia.
A función está promovida polo Concello en colaboración coa Vicepresidencia da Deputación de Lugo, e terá lugar ás 20:00 horas na Casa da Cultura de A Pobra do Brollón.