Isabel Pardo de Vera protagonizou o inicio das Festas Patronais de Monforte co seu pregón

RibeiraSacraXa
Concluíu diciendo que “queda por diante un futuro no que traballaremos, eu fareino coa mesma ilusión, poñendo á vosa disposición todo o coñecemento"
Isabel-Pardo-de-Vera-pregón-Festas-Monforte
12 Ago 2024

Isabel Pardo de Vera protagonizou o acto de inicio das Festas Patronais de Monforte co seu pregón, no que puxo en valor o papel do ferrocarril “ao servizo da humanidade, gústame recoñecer aos ferroviarios como técnicos humanistas, así me sinto eu, porque as infraestruturas no son un fin en si mesmo, pero teñen un poder transformador sen igual, xa que por elas mesmas poden ser un logro da más complexa enxeñería no mundo, pero se non conseguen aquilo para o que se construíron, ficará nun coste afundido”.

Así, lembrou a etapa profesional vinculada ao seu traballo ao fronte “da miña casa, que é o Administrador de Infraestructuras Ferroviarias, do que nunca me afastarei, e da Secretaría de Estado de Transportes, Mobilidade e Axenda Urbana, no que a planificación do Corredor e da conectividade lucense e monfortina estivo sempre nos meus pensamentos”.

Durante esta parte do pregón, explicou que as súas funcións, máis aló das técnicas, “son as dun proxecto con visión transversal, habería que unir os distintos axentes que tiñan que participar nel, moi importante a facenda pública e a distribución de orzamentos. Parece sinxelo pero é un traballo de fondo, de sensibilidade, non podía ter fisuras de relato, todo o equipo de centos de persoas sabiamos a que estabamos, pero sempre viña alguén a facer recortes, para destinar os recursos ao seu, aínda que non foran necesarios, polo limitado destes. E insistiamos, onde podiamos, repartíamos tarefas para non perder chance, esta vez non podíamos quedar a medias, precisabamos o traxe completo, e a tempo para que Europa apostase por nós e nos botase non unha man, case o brazo enteiro”.

Finalmente, concluíu diciendo que “queda por diante un futuro no que traballaremos, eu fareino coa mesma ilusión, poñendo á vosa disposición todo o coñecemento do público e do privado que tiven a sorte de pór en práctica; sempre se pode traballar mellor, tedes moreas de persoas aquí para empurrar, fagamos o papel que nos toca en cada intre, esteamos onde esteamos, e sigamos a evolución, porque, de seguro, haberá moitos anacos de felicidade”.

0.18586993217468