Investigadores do Campus Terra actualizan a cartografía do Val do Lemos

LugoXa | RibeiraSacraXa
Investigadores do Campus Terra revisan as infraestruturas derega do Val do Lemos e completan e actualizan a súa cartografía
val lemos
18 Out 2022

O grupo de investigación Proxectos e Planificación da Escola Politécnica Superior de Enxeñaría do Campus Terra da USC vén de realizar a revisión de todas as infraestruturas que compoñen o sistema de regadío do Val do Lemos, ao tempo que completaron unha cartografía actualizada que amplía datos e corrixe erros advertidos na documentación que ata o momento dispoñía a Confederación Hidrográfica Miño-Sil. Estas actuacións forman parte do convenio asinado entre a USC e a organismo autónomo dependente do Ministerio para a Transición Ecolóxica e Reto Demográfico para a elaboración dun plan integral orientado a favorecer o aproveitamento agronómico sostible do regadío no Val do Lemos, un cometido que estará rematado en 2023 e ao que se destina un financiamento superior aos 290.000  euros.

A primeira das fases de actuación contempladas no acordo entre USC e CHMS botaron a andar a comezos do verán coa planificación dos traballos a cargo dos investigadores do grupo PROePLA, que coordina o catedrático do Departamento de Produción Vexetal e
Proxectos de Enxeñaría Manuel Marey, e de persoal da Confederación Hidrográfica Miño Sil. Estas reunións preparatorias serviron para definir os criterios dun plan que pretende corrixir, actualizar e ampliar a cartografía da que dispón a CHMS, ademais de incorporar
cada treito de 200 metros de canles e ou gabias, datos de sete variables: estado dos caixeiros, circulación de auga, nivel de deterioro das infraestruturas, vexetación arbustiva, vexetación herbácea, transportes e tipo de estrutura. A nova documentación actualizada incorporará tamén fotografías de cada treito, así como información referida á data e hora das medidas e observacións realizadas.

Antes de comezar cos traballos, investigadores da USC procesaron a cartografía dispoñible e este labor permitiu acadar unha uniformización dos formatos, ademais de corrixir erros de topoloxía ou os datos aportados por sistemas de referencia espaciais xa obsoletos. Daquela, o resultado, salienta Manuel Marey, presentan unha base de datos estandarizada dos treitos de canles e gabias.

Os equipos de PROePLA implicados neste proxecto, no que tamén contaron co apoio de técnicos CHMS, empregaron para a toma de datos de campo diversos proxectos do sistema de información xeográfica libre para smartphones Qfield optimizados previamente na USC. Estas tarefas obrigaron asemade a que o persoal implicado percorrera a infraestrutura completa do regadío tomando anotacións cos seus móbiles. As persoas implicadas nesta actuación realizaron 1.375 rexistros no terreo, revisaron 215 quilómetros de infraestruturas e xeraron máis de 10Gb de imaxes complementan a documentación.

A información obtida nesta primeira fase do proxecto foi sometida a controis internos de calidade, ademais de revisada e completada por persoal da CHMS, sinala Marey, para logo engadir que todos os datos recabados integraron en proxectos de QGIS, a fin de facilitar o seu uso habitual por parte da CHMS. Para facilitar estas tarefas, o grupo PROePLA programou un visor interactivo que permite a consulta das fichas de cada treito.

Unha vez testados os avances e logo de comprobar a utilidade dos procesos e das tecnoloxías de software libre empregadas, a Confederación Hidrográfica Miño Sil acordou que a USC, a través do grupo de investigación PROePLA achegara formación específica aos seus técnicos en aras a manter así un inventario dinámico actualizado do estado das infraestruturas do regadío do Val de Lemos.

0.15296697616577