Intenso fin de semana para os equipos do Club Voleibol Ribeira Sacra

Os equipos do Club Voleibol Ribeira Sacra viviron un intenso fin de semana durante a terceira xornada da competición, con máis de cinco encontros disputados polos equipos cadete, infantil e alevín.
Na categoría Cadete Primeira, o C.V. Ribeira Sacra conseguiu impoñerse ao C.V. Rianxo por 3-1, con parciais de 25-14, 25-20, 21-25 e 25-14. Con todo, en Infantil Primeira non tivo a mesma sorte, caendo ante o C.V. Rianxo por 0-3 (9-25, 21-25, 19-25) e ante o C.V. Zalaeta polo mesmo marcador nun partido adiantado da sexta xornada (11-25, 25-13, 25-22, 25-17).
Pola súa banda, o equipo Alevín Primeira mantivo unha dura batalla contra o C.V. Rianxo, perdendo por 2-3 con parciais de 25-15, 17-25, 19-25, 25-18 e 12-15, mentres que en Infantil Terceira, o C.V. Ribeira Sacra impúxose con autoridade ao C.V. Maristas Vigo por 3-1 (10-25, 25-11, 25-20, 25-18).
Noutros encontros, o Quiroga Volei superou en Xuvenil Segunda ao C.V. Zalaeta con un marcador de 3-0 (25-21, 25-20, 25-19), mentres que en Cadete Segunda o C.V. Zalaeta venceu por 3-1 ao Quiroga Volei (25-19, 18-25, 20-25, 13-25).
Por último, na categoría Cadete Cuarta, o Voleiourense Morado 2 gañou por 3-1 ao Volei Chantada (21-25, 25-18, 20-25, 15-25), e o Voleiourense Morado 1 tamén se impuxo ao mesmo rival cun resultado de 3-0 (16-25, 17-25, 22-25).