Infórmase dos últimos traballos realizados pola brigada de obras e servizos do Concello de Taboada
O Goberno local de Taboada, representado polo alcalde Roi Rigueira, dá conta dos traballos realizados pola brigada de obras e servizos do municipio nas últimas datas.
Así, instaláronse varandas de seguridade en Cerdeda para evitar caídas de persoas ou animais ao río, limpáronse e acondicionáronse viarios en distintas zonas do pobo, arranxáronse e acondicionáronse de camiños (Torre, Vilar...), desatascouse a zona en Moreda e se limparon os sumideiros na vila.
Por outra banda, arranxáronse e acondicionáronse as cunetas en San Martiño de Couto e arranxáronse as plaquetas soltas nos arredores da praza de Riazón. Por outra banda, retirouse o contenedor azul roto en Vilela, limpouse a zona e colocouse un novo, así como se substituíron os que estaban en mal estado.
Xa para rematar, fixéronse labores de seguridade como botar sal en zonas de paso de peóns os días de xeada para evitar resbalóns e caídas, fíxose o entubado de auga en Vilar, arraxáronse varias avarías e incidencias varias, e por último, fíxose unha supervisión de distintas obras a realizar en vindeiras datas.