Informan dos cortes de comunicación telefónica no Concello de Monforte e de que se está "traballando neles"

RibeiraSacraXa
O alcalde de Monforte, José Tomé Roca, informa que se están a producir unha serie de problemas nas chamadas entrantes e saíntes do teléfono do Concello de Monforte, que están a provocar cortes na comunicación telefónica entre o persoal municipal e os cidadáns.
8 Mar 2024

"Nalgúns casos é necesario ter que volver a chamar ao cidadán debido aos cortes que se producen nas conversas", explican, polo que dende o Concello piden desculpas polas molestias que se poidan ocasionar debido a este problema.

Neste senso, o rexedor aclara que estas incidencias nos cortes das chamadas son un problema alleo ao Concello: "Segundo o informe emitido pola compañía telefónica R, concesionaria do servizo, trátase dun problema masivo que está afectando a varios operadores e que se detectou en capas moi altas nos puntos de interconexión entre eles”.

Deste xeito, o problema está a afectar a outros concellos e administracións públicas, así coma empresas e outras entidades. Segundo informan dende a operadora o problema é complexo, que non se trata dunha avaría corrente, e séguese a traballar na súa solución debido a que a lista de afectados é considerable.

0.18517684936523