Inaugurada hoxe na Pobra do Brollón a exposición O Fin do Camiño
RibeiraSacraXa
A exposición itinerante O Fin do Camiño inaugurouse hoxe na Casa do Concello da Pobra do Brollón e poderase visitar ata o 4 de maio.
27 Apr 2021
A exposición itinerante O Fin do Camiño inaugurouse hoxe na Casa do Concello da Pobra do Brollón.
Consiste en dez paneis dobres arredor do Camiño de Santiago con fotografías de Eduardo Ochoa e Carlos Puga e textos de Xulio Xiz, que estivo presente na inauguración xunto co alcalde da Pobra, Xosé Lois Maceda.
A exposición localízase entre a planta baixa do Concello e da Casa da Cultura. Pódese visitar ata o 4 de maio.