Ignacio González Gómez, mellor expediente académico do IES de Quiroga

RibeiraSacraXa
O Clúster da Pizarra de Galicia recoñeceu a excelencia académica deste alumno quirogués, que recibiu un diploma e un cheque de 300 euros como recompensa ao seu esforzo
entrega-premios-excelencia-academica-quiroga
Entrega de premios á excelencia académica de Quiroga
13 Jul 2025

Un ano máis, o Clúster da Pizarra de Galicia recoñeceu a excelencia académica dos mellores expedientes de Bacharelato da comarca. Esta semana fixéronse entrega dos premios ao alumnado coas mellores cualificacións do Barco de Valdeorras, A Rúa e Quiroga.

No caso de Quiroga, o recoñecemento ao mellor expediente foi para Ignacio González Gómez, estudante do IES de Quiroga, que recibiu un diploma e un cheque de 300 euros como premio ao seu traballo.

Os catro estudantes premiados acadaron unha nota media en Bacharelato superior ao 9,80, cualificacións que, ademais, revalidaron nas probas de acceso á universidade (ABAU). O xerente do Clúster, Severino González, foi o encargado de entregar os premios nos tres centros educativos.

⚙ Configurar cookies
0.076038837432861