Hoxe estase a levar a cabo a I Xornada de Creación de Experiencias Turísticas no Courel
Hoxe xoves 25 terá lugar no Centro Sociocultural Fondo de Vila de Folgoso do Courel o OBRADOIRO DE CREACIÓN DE EXPERIENCIAS TURÍSTICAS. Onte mércores 24 celebrouse en Triacastela o I Obradoiro de Emprendemento “Destino Courel” Sobre O Mundo Da Castaña E Do Mel Cun Éxito de participación entre os profesionais e futuros profesionais do territorio.
“Destino Courel” é unha iniciativa creada pola asociación GDR Ribeira-Sacra Courel que se definiu en 2020 como a marca do xeodestino O Courel, que abarca os concellos de Folgoso do Courel, O Incio, Samos e Triacastela, e polo cal pasa o Camiño francés.
O obxectivo é crear, mellorar e consolidar diferentes proxectos e negocios sustentables no Destino Courel de Lugo, o cal supón unha nova aposta por parte dos catro concellos por poñer en valor o talento e os recursos.
No obradoiro de Emprendemento de hoxe, a actividade estivo dirixida a todas a aquelas persoas que interesadas en comezar a súa andaina nun oficio ou proxecto relacionado coa castaña e o mel a través do emprendemento, sen esquecer todos aqueles profesionais que queiran desenvolver ou mellorar o seus modelos de negocio ou actividades profesionais neste sector. Entre os tipos de negocio aos que vai dirixido este tipo de formación encóntranse negocios de restauración, obradoiros de pastelería e confeituras, produtores de experiencias turísticas, produtores de mel, artesáns, comerciantes, etc.
Programouse un modelo de encontro aberto no que se fomentará a participación dos profesionais ou futuros profesionais, ampliando a súa formación e coñecementos especializados, aportando solucións
presentando casos de éxito, resolvendo dúbidas, optimizando a súa actividade, atendendo as súas suxestións e recomendacións; co fin último de mellorar a oferta de negocios e proxectos emprendedores sustentable á vez que se explotan os produtos estrela da zona, pero sen esquecer a importancia de xerar un ecosistema colaborativo no destino.
Co obxectivo de dinamizar turísticamente o territorio, unha das accións máis importantes a desenvolver será a celebración desta xornada. Crear experiencias implica apostar polo local, pola orixe e pola propia esencia de cada destino. Significa ofrecer unha alternativa aos consumidores, permitíndolles interactuar de forma máis activa, sensitiva e emocional co entorno.
PARTE I
16:00 – 16:30 horas: Presentación da I Xornada de Creación de Experiencias Turísticas do Destino Courel.
16:30 – 17:00 horas: Cómo rentabilizar a miña actividade a través do turismo experiencial:
Presentación e análise de casos de éxito en territorios e realidades semellantes.
17:30 – 18:00 horas: O negOCIO do gLOCAL.
18:00 – 18:30 horas: PAUSA CAFÉ & NETWORKING.
PARTE II
18:30 – 20:00 horas: Workshop “Creación de experiencias de ocio e turismo”.
20:00 – 20:30 horas: Novas canles de comercialización.