Hoxe comeza o V Foro Territorios Patrimonio en Pantón

RibeiraSacraXa
Hoy comienza la nueva edición del Foro Territorios Patrimonio que se celebrará durante este fin de semana en Pantón.
Foros territorio patrimonio 6
11 Dec 2021

Unha nova edición do Foro Territorios Patrimonio celebrase esta fin de semana na Ribeira Sacra da man de I-Radia Crea e 17° Ribeira Sacra Festival cun programa que se desenvolverá en formato híbrido: presencial e virtual.

Un punto de encontro e reflexión entre institucións, entidades e profesionais involucrados na custodia do territorio, así como un foro aberto a outros axentes sociais e económicos vinculados a esta estratexia de preservación do territorio.

O Foro Territorios Patrimonio é un evento de carácter internacional que un ano máis reúne na Ribeira Sacra ás voces máis interesantes do momento en cuestións como patrimonio, turismo sostible e futuro vitivinícola. Un programa completo de conferencias, mesas redondas e actividades dirixidas a profesionais da cultura e o turismo, así como tamén a un público xeral con interese en profundar nos retos e oportunidades da Ribeira Sacra nunha contorna internacional.

O quinto Foro Territorios Patrimonio ten como pano de fondo algunhas das cuestións que máis van marcar o devir dunha zona candidata a Patrimonio da Humanidade desde un punto de vista turístico, ambiental, vinícola, gastronómico, patrimonial, de experiencias, de sustentabilidade e de futuro.

Búscase trazar cuestións que axuden aos actores e sectores da zona para expor as súas estratexias de traballo nun medio-longo prazo, contribuír a xerar lazos de colaboración con outros territorios da humanidade, atraer outros puntos de vista e maneiras de traballar e establecer sinerxias de presente e futuro, como xa se fai desde a orixe deste foro.

Preservación do territorio

O obxectivo deste foro tamén é visibilizar o novo escenario da candidatura da Ribeira Sacra ante a selección de Patrimonio da Humanidade, e a afondar na situación para os próximos anos.

Doutra banda, o pasado mes de setembro, a candidatura a reserva de biosfera da Ribeira Sacra e Serras do Oribio e Courel culminouse despois dun longo camiño, sendo, oficialmente, o sétimo destes espazos declarados en Galicia. Un recoñecemento que terá relevancia no discurso da quinta edición do Foro Territorios Patrimonio.

V Foro Territorios Patrimonio: A conservación e transformación do territorio

A conservación e transformación do territorio configúrase como unha compoñente clave para mellorar o patrimonio natural, patrimonial e cultural dun territorio como a Ribeira Sacra. Contempla actuacións en materia de transformación e xestión do territorio orientadas a diminuír os niveis de tensións e adaptación ao cambio climático, apostando por accións que faciliten a súa adaptación tamén a contornas dixitais.

A transformación dixital, o respecto pola natureza e a creatividade virtual son conceptos que se entrelazan e buscan fórmulas de convivencia para conseguir mellores solucións para unha mesma necesidade: a de gozar do patrimonio dunha rexión xerando riqueza sostible para a mesma. O turismo cultural ten a oportunidade de actualizarse desde unha nova perspectiva que teña en conta a todos os actores da zona, desde o máis pequeno ao máis grande.

Claves para a sustentabilidade cultural e patrimonial

Moitos expertos consideran a cultura como o cuarto piar do desenvolvemento. O pasado mes de maio, o Ministerio de Dereitos Sociais e Axenda 2030 sorprendía coa inclusión da cultura e a súa achega ao desenvolvemento sostible no Informe de Progreso e Estratexia de Desenvolvemento Sostible 2030, un documento que aborda unha serie de políticas e retos a nivel nacional co fin de expor unha estratexia conxunta.

O Foro Territorios Patrimonio quere servir tamén como centro de debate e catalizador desta nova estratexia cuxos obxectivos poñen no centro o triplo impacto económico, social e ambiental, sen centrarse na achega cultural.

Foro Territorios Patrimonio

O Foro Territorios Patrimonio 2021 é a continuidade dun proxecto que impulsa, tanto I-Radia Crea como 17° Ribeira Sacra Festival, como unha ferramenta ao servizo da Ribeira Sacra. Manter a celebración do Foro Territorio Patrimonios en 2021 é importante para garantir a continuidade dun proxecto de relevancia para o territorio, a súa xente e o seu futuro. Toda a información en: https://foroterritoriospatrimonio.com

O Foro Territorios Patrimonio poderá seguirse de maneira on-line a través da súa canle de Youtube.

Foros territorio patrimonio 1

Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 634

Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 635
0.18595099449158