Hoxe comeza o Entroido Ribeirao en Santiago da Riba

RibeiraSacraXa
Hoxe comeza o Entroido Ribeirao en Santiago da Riba
entroido ribeirao4
entroido ribeirao4
5 Feb 2023

O Entroido Ribeirao comeza esta tarde a partir das 16.00 horas en Santiago da Riba, en Chantada.

Este é o primeiro domingo desta gran festa, que leva o nome de Domingo Lambedoiro, que estará amenizado para os asistentes co pasarrúas da Asociación Fulións Rurais Viana do Bolo, e tamén virán o Oso de Salcedo y Troteiros de Bande.

Pola súa parte, os seguintes dous domingos será o Domingo Corredoiro, o 12, e o Domingo de Entroido, o 19.

O martes 21, Martes de Entroido, terá lugar a festa grande do Entroido, que se celebrará en Chantada con diversas sorpresas.

0.18653607368469