Gundivós celebrará as festas do Apóstolo e Santa Ana do 24 ao 26 de xullo

RibeiraSacraXa
Serán tres días de celebracións que combinarán música, gastronomía, deporte e actividades para veciñanza e visitantes
festas-guindivos-2025
16 Jul 2025

A parroquia de Gundivós, no Concello de Sober, xa ten todo listo para celebrar as súas tradicionais festas na honra a Santiago Apóstol e Santa Ana. Serán tres días de celebracións que combinarán música, gastronomía, deporte e actividades para veciñanza e visitantes.

O xoves 24 de xullo arrancará a programación cunha pancetada popular a partir das dez da noite, á que seguirá a verbena a cargo do Dúo Estrellas. O venres 25 comezará cun partido de fútbol entre solteiros e casados ás once da mañá.

Ás 13:30 horas celebrarase a misa solemne e a procesión, e pola noite continuará a festa coa actuación do Trío Merengue a partir das nove e media.
O sábado 26 de xullo repetirase a misa solemne e a procesión tamén ás 13:30 horas, e a verbena comezará ás 21:30 horas da man da Charanga TDB. Como peche, está prevista unha gran queimada popular.

⚙ Configurar cookies
0.17158699035645