Grandes festas na parroquia de Rubián os días 14, 15 e 16 de setembro
RibeiraSacraXa
Grandes festas na parroquia de Rubián, no concello de Bóveda, os días 14, 15 e 16 de setembro con varias orquestras
11 sep 2022
A parroquia de Rubián, no concello de Bóveda, celebra esta semana as súas festas patronais.
Os actos comezarán o mércores 14 cunha pancetada e unha queimada amenizada polo dúo Eclipse.
O xoves 15 ás 13.30 horas haberá misa solemne, procesión e posterior sesión vermú coa orquestra Pontevedra. Xa pola noite, a festa correrá a cargo das orquestras Pontevedra e Marbella.
E para finalizar os festexos o día 16, celebrase unha misa maior ás 13.00 horas, haberá procesión a cargo da Banda Municipal de Gaitas de Bóveda e sesión vermú coa orquestra M-3.
De 18.00 a 19.00 horas os nenos poderán desfrutar de inchables gratuítos e pola noite, será a queda da orquestra M-3 e Los Españoles para amenizas o fin de festa.