Gran éxito de participación na recuperación do concurso dos Maios en Monforte
Quince participantes, que se concentraron na Praza de España logo de percorrer diversas rúas da cidade, tomaron parte no tradicional concurso dos Maios, felizmente recuperado polo Concello de Monforte de Lemos.
Recibidos pola Concelleira de Cultura, Marina Doutón, foron finalmente quince os participantes que aportaron as súas obras nesta tradicional festa, na que non faltou tampouco o canto de coplas a cargo dos alumnos e profesores do CEIP A Gándara.
Como xa indicara hai uns días o alcalde, José Tomé Roca, este ano no que se recuperou este tradicional concurso destinouse un premio de 75 euros para cada un dos participantes. “O obxectivo era animar á participación e logo de contar con 15 inscritos podemos dicir que o obxectivo que nos marcamos foi acadado con éxito”, sinalou Tomé.
Nesta edición dos Maios 2022, o Concello de Monforte repartiu 1.125 euros en premios.
Os aboamentos dos premios, 75 euros a cada participante, serán tramitados polo Concello de Monforte de Lemos, a través dunha transferencia bancaria. Previamente será necesario a presentación do certificado bancario co número de conta do titular. Non poderá realizarse o pagamento do premio mentres o beneficiario non se atope ó corrente no cumprimento das súas obrigas tributarias ou coa seguridade social ou sexa debedor por resolución de procedencia de reintegro.
Concursantes
Os 15 concursantes nos Maios 2022 de Monforte foron:
- Sandra Martín Garzón
- María Abel Garzón Ramos
- Ángel Rodríguez Rodríguez
- Asociación Albores Saúde Mental
- Fundación Educativa Torre de Lemos
- Sabela López Mariño
- Antía López Mariño
- CEIP A Gándara con “Regando o noso horto“
- Brais Rodríguez Ferrer
- Ana Buján Eiriz
- Colexio Pr. Ferroviario con “A bruxiña da sorte”
- Lourdes García González
- Enzo González Gómez con “O avión de Enzo e Tai”
- Mateo Lago Expósito
- Asociación AGORA