Gómez Besteiro anuncia que irá a primarias para liderar o PSOE nas eleccións á Xunta

RibeiraSacraXa | TerraChaXa | LugoXa | SarriaXa | AMariñaXa
O socialista lugués José Ramón Gómez Besteiro anunciou este luns de forma oficial que concorrerá ás primarias para ser o próximo candidato socialista á presidencia da Xunta de Galicia.
GOMEZ BESTEIRO PRESENTACION CANDIDATURA PSOE CONGRESO E SENADO
9 Out 2023

O socialista lugués José Ramón Gómez Besteiro anunciou este luns de forma oficial que concorrerá ás primarias para ser o próximo candidato socialista á presidencia da Xunta de Galicia.

Minutos antes de que dese comezo no Parlamento galego o Debate do Estado da Autonomía, Besteiro compareceu ante os medios de comunicación nos corredores da Cámara para facer oficial esta decisión despois de que a Executiva Federal socialista ratificase a convocatoria de primarias, que terán lugar o 29 de outubro, en previsión de que Rueda adiante as eleccións galegas.

O socialista dixo que asume esta decisión "con gran orgullo" e "satisfacción" e avanzou que proximamente escenificará o seu proxecto, tanto para "satisfacer aos militantes como para enviar unha mensaxe a Galicia sobre a posibilidade de cambio".

Besteiro encabezará o bando oficial do partido mentres que Gonzalo Caballero, líder do sector crítico, podería competir por ese posto encabezando outra lista.

https://galiciaxa.com/2023/10/lxa/zonas-lxa/lugo-lxa/231499/

0.09934401512146