Gloria Prada fixo entrega dos trofeos do V Torneo de Fútbol 8 de Monforte

RibeiraSacraXa
Este torneo foi organizado polo Club de Fútbol Monforte en colaboración co Concello
Torneo-de-Fútbol-8-Monforte
17 Xuño 2024

A tenente de alcalde de Monforte, Gloria Prada, fixo entrega dos trofeos correspondentes ó V Torneo de Fútbol 8 en representación do alcalde, José Tomé, quen non puido acudir por coincidir á mesma hora coa Clausura da Liga de Veteranas de Baloncesto, no Pavillón Polideportivo da Pinguela.

Este torneo foi organizado polo Club de Fútbol Monforte, en colaboración co Concello de Monforte, e celebrouse campo municipal de fútbol Luis Bodegas.

0.14561486244202