Germán Vázquez, portavoz de Espertamonforte, renuncia á medalla concecida polo Goberno local
Espertamonforte amosa o seu desacordo coa decisión tomada pola Corporación Municipal de conceder medallas aos propios concelleiros e alcalde do Concello.
Así, no último pleno extraordinario, o grupo de Goberno presentou a presentación do regulamento de honras e distincións, que contempla entregar ao alcalde e a todos os concelleiros medallas de prata bañadas en ouro, así como facer unha distinción ao duque de Alba, que ostenta o título de Conde de Lemos.
Desde Espertamonforte consideran que “o Duque e Conde xa ten títulos dabondo e non precisa que lle dean máis. Isto semela un partido aristocrático, impropio dun partido socialista”, explican´.
Ademais, destacan que é “tirar diñeiro público” e que accións coma esta “contribúen a un maior desprestixio da clase política diante da cidadanía”.
Por todo isto, Germán Vázquez, portavoz de Espertamonforte, declara que el como concelleiro renuncia publicamente a dita medalla.