García Porto inaugurou o novo Centro de Interpretación da Minaría Aurífera Romana de Ribas de Sil

RibeiraSacraXa
García Porto afirma que o centro “aumenta os recursos para difundir e poñer en valor o noso rico e diverso patrimonio, material e inmaterial”.
inauguracion centro minaria aurifera ribas de sil
6 Jun 2022

A Deputada de Réxime Interior, Promoción do Territorio e Turismo destacou que este proxecto “aumenta os recursos para difundir e poñer en valor o noso rico e diverso patrimonio, material e inmaterial”.

 

Pilar García Porto participou o sábado na inauguración do novo Centro de Interpretación da Minaría Aurífera Romana de Ribas de Sil. Xunto a ela estivo o Alcalde do municipio, Miguel Ángel Sotuela. García Porto recordou que o novo proxecto turístico e cultural “aumenta os recursos para difundir e poñer en valor o noso rico e diverso patrimonio, material e inmaterial”.

A Deputación de Lugo achegou máis de 90.000€ para a construción do complexo. “Este conxunto é unha proposta diferente que permite impulsar un turismo de calidade, sostible, con capacidade para atraer visitantes ao longo do ano, , indicou a Deputada. Ademais de subliñar que "pon en valor o patrimonio e que dinamiza a economía e o emprego, sobre todo no rural”.

García Porto explicou que este é precisamente “o modelo de turismo que impulsamos dende a Deputación de Lugo ben directamente, con iniciativas moi diversas, como son as viaxes gratuítas do programa Coñece a túa provincia, as propostas de turismo deportivo e de aventura do programa Actívate, as rutas da Transrománica ou a gastronomía do Saborea a túa provincia, ou ben a través da colaboración cos concellos e co tecido asociativo e empresarial da provincia”.

Nesa cooperación coas entidades locais enmarcase “a achega económica que facemos dende a Deputación para implementar o Plan de Sostibilidade Turística que o Ministerio de Industria, Comercio e Turismo concedeu ó Consorcio de Turismo da Ribeira Sacra. Unha aportación grazas á que os concellos verán minorada a aportación que deberán facer a este plan”.

O Museo Xeolóxico de Ribas de Sil converterase nun referente de xeoloxía mineira neste territorio recoñecido como Xeoparque Mundial Montañas do Courel. Asemade, súmase ás propostas museísticas dos concellos de Folgoso do Courel e Quiroga. O centro, ata a súa adxudicación, estará xestionado por persoal do Concello. 

0.17537593841553