Galiza Nova organiza actos no Saviñao e en Taboada con motivo da Semana da Patria

Co gallo da Semana da Patria, Galiza Nova organiza no Saviñao e en Taboada dous actos, un o día 20 e outro o día 22, antes do Día de Galicia que se celebra o día 25.
Así, o primeiro deles é durante a tarde deste sábado, ás 20.00 horas, cando terá lugar a palestra ‘A revolta da fame no Saviñao, o nacionalismo galego e a loita pola Autonomía na Galiza republicana’ na Torre Vilariño a cargo de Uxío Breogán Dieguez, profesor e director da Cátedra de Memoria Histórica da UDC e Noelia González, responsable de mulleres de Galiza Nova Lugo Sul.
Pola súa parte, o 22 de xullo será a quenda do municipio de Taboada, que acollerá o ‘Despregamento do Bandeirón da Patria’ a partir das 11.00 horas en Ponte Mourulle.