Galicia maniféstase o martes contra o Plan Forestal

TerraChaXa | RibeiraSacraXa | LugoXa | SarriaXa | AMariñaXa
A Fronte de organizacións Por un Monte Galego con Futuro convocou unha concentración este martes contra a revisión do Plan Forestal.
manifestacion contra plan forestal
21 Feb 2021

Representantes da Fronte de organizacións Por un Monte Galego con Futuro convocaron unha concentración este martes, día 23 de febreiro, contra a revisión do Plan Forestal. Un texto que se debaterá ese mesmo día no Parlamento de Galicia, e que previsiblemente será aprobado cos votos do Partido Popular, do que advertiron que terá graves consecuencias para o medio rural galego, desde a organización do territorio, até o modelo de xestión dos montes, a riqueza forestal ou no combate aos lumes forestais

Unha fronte de organizacións sociais, ecoloxistas, agrarias e sindicais, entre as que se atopa o Sindicato Labrego Galego, iniciaron unha campaña de rexeitamento á primeira revisión do Plan Forestal de Galicia (PFG).

A representación da fronte social expúxolle ao Partido Popular as súas queixas sobre o proceso de participación inexistente que precedeu o debate parlamentario desta revisión do PFG. Neste senso, lembraron que a única exposición pública da revisión do PFG foi hai tres anos, en 2018, e dun texto distinto ao que chega agora ao Parlamento de Galiza.

Segundo explican este texto fai unha diagnose ficticia da situación do monte galego e dun inventario forestal irreal e desfasado con datos do 2009. Po outra banda asegurna que carece de consenso social xa que na súa tramitación non se viron representados todos os axentes sociais vinculados ao monte e ao medio rural.

Engaden tamén que esta lei “responde unicamente a intereses produtivistas e de carácter privado, deixando de lado o interese público e xeral, e a ordenación dos usos do monte en mans das empresas madeireiras e forestais”. Indican que fomenta o monocultivo e o aumento de especies pirófitas e invasoras ata acadar 1,4 millóns de hectáreas de piñeiros e eucaliptos en 2040, e o aumento de 3 millóns de m3 de cortas anuais de madeira de baixo valor engadido ata acadar os 12 millóns de m3 de cortas/ano. Nesta liña aumenta aínda máis a superficie ocupada por eucalipto E. Nitens.

Así mesmo considera este grupo heterodoxo que promove a forestación de terras agrarias, ao deixar en mans de empresas madeireiras e forestais máis de 150.000 hectáreas destes terreos e favorece a ” a vulnerabilidade do monte galego fronte ao cambio climático” así como a “proliferación e intensificación dos lumes forestais e a privatización da loita contra os incendios”. Aseguran que non formula solucións para ascausas estruturais dos incendios e segue primando o investimento na extinción fronte a prevención.

Para este colectivo outro dos erros do plan é que “agrava a situación de abandono e desertización do rural galego, impedindo o desenvolvemento dun monte multifuncional que xere riqueza e recursos diversos para as persoas que viven e traballan no rural. Desbota unha vez máis a oportunidade de apostar por un modelo de montes sustentábel, pola madeira de calidade e polo peche dos ciclos produtivos dos distintos aproveitamentos do monte”.

Finalmente, cren que este novo sistema alenta a desaparición dos montes veciñais en man común, “favorecendo a súa privatización e a eliminación do carácter xermánico da titularidade veciñal. Propón a revisión da condición de veciño/a comuneiro/a, de dotar as mancomunidades de montes de personalidade xurídica, e que as comunidades de montes tributen no imposto sobre sociedades, como se fosen empresas mercantís”.


Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 634

Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 635
0.17030620574951