Froxán celebra este sábado a Festa da Pisa da Castaña

Un ano máis, regresa a Froxán a XXV edición da Festa da Pisa da Castaña, un dos eventos culturais con maior percorrido da comarca. A aldea de Froxán revivirá un dos seus costumes máis antigos o vindeiro 7 de decembro. A cita mestura tradición, cultura e gastronomía e pretende manter viva a esencia e o valor etnográfico dunha práctica centenaria.
O evento está organizada pola Asociación Cultural Fonte do Milagro, que logrou recuperala hai máis de dúas décadas.
Este ano, as actividades arrancarán ás 11.00 horas co acendido do Sequeiro, e continuarán coa demostración dun proceso de Pisado e Abandoxado da Castaña Semana, animado pola música do grupo ‘Aikirindo’.
O pregón deste ano, que terá lugar ás 13.30 horas, estará a cargo do cantautor Emilio Rúa.
A festa contará tamén cun almorzo popular, un sorteo de agasallos e unha foliada libre para rematar as celebracións.
Este ano, ademais, a cita servirá tamén como escenario para a presentación da recentemente creada Asociación Galega das Castañas e dos Soutos.
Programa completo:
- 11:00 horas. Acendido do Sequeiro e mostra do seu funcionamento.
- 12:00 horas.Demostración do proceso de Pisado e Abandoxado da Castaña Seca animado polo grupo de música tradicional AIKIRINDO
- 13:30 horas. Pregón a cargo do cantautor Emilio Rúa
- 13:50 horas. Presentación da recentemente creada Asociación Galega das Castañas e dos Soutos na que intervirá o seu presidente e membros da Xunta Directiva.
- 14:10 horas. Xantar do Menú do Pisador composto por castaña seca cocida, panceta, chourizo e tarta de castaña. (Prezo Menú 15 €uros)
- 16:00 horas. Sorteo da gran cesta e outros agasallos
- 16:30 horas. Pisa e Abandoxado onde pode participar o público
- 18:00 horas. Foliada libre
- 20:00 horas. Fin de Festa