Francisco Conde nomeado Cabaleiro da Orde da Mencía na Festa da Vendima do Saviñao

A Festa da Vendima do Saviñao vén de converterse nunha festa de exaltación da colleita na que estivo presente xente das adegas do municipio acollidos á denominación de orixe da zona.
Nos actos que tiveron lugar, participaron seis bodegas locais e celebráronse concertos, numerosas actuacións infantís dirixidas en exclusiva aos nenos, así coma catas de uvas e viños e obradoiros de cociña en vivo.
Entre outros actos, tivo lugar o nomeamento do vicepresidente primeiro e conselleiro de Economía, Industria e Innovación, Francisco Conde, como Cabaleiro da Orde da Mencía.
Con esta celebración realizada na Devesa de Escairón, A Ribeira Sacra completa o seu calendario festivo de exaltación do viño ao incorporar a primeira festa destinada á vendima.
